Os alumnos de 1º e 2º de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo tiveron hoxe, 12 de decembro, uns modelos moi especiais na súa clase práctica. Baixo a supervisión das profesoras, Lorena e Patricia, oito membros de Asfaval eran especialmente peiteados (a algúns incluso lles fixeron a manicura e os maquillaron) polos estudantes, na que foi a primeira sesión dunha alianza entre o instituto barquense e a Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras.
Tal como expican dende o centro, hoxe foi un día especial a modo de inauguración, por iso había doces que levaron os propios alumnos e a clase estaba elegantemente decorada. “Levamos dúas semanas traballando, preparando a decoración e os adornos para o cabelo e abalorios que hoxe lles puxemos aos rapaces de Asfaval (pinzas con forma de estrela, coroa e mesmo árbore de Nadal, paxariñas,…)”, explica unha das profesoras. Con todo, a idea é manter a iniciativa durante todo o curso para corte, peiteado, manicura,… podendo ademais asistir xente allea ao colectivo que así o desexe “pedindo cita”, puntualizan.
Fotos: Mónica G. Bellver.