Na xornada do 18 de decembro os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras veñen de realizar labores de limpeza na praza Maior do Barco. En concreto interviñan para eliminar a esvaradiza capa de “verdín” que aparece no chan desta céntrica zona da vila, de mármore no centro e de rocha caliza nos laterais.
“Esta última pedra é máis porosa, e polo tanto máis afectada”, explican dende o GES Valdeorras. Esta tarefa supuxo 6 horas de traballo pola mañá, “polo que nese tempo o GES non estivo dispoñible de forma efectiva para o seu cometido principal: as emerxencias”, segundo este servizo.
Para o traballo empregouse unha limpadora de agua a presión do Concello do Barco e tamén o furgón FSV (Furgón de Salvamentos Varios) do servizo que, aínda que carece de alta presión, foi de axuda polo seu maior caudal.