Segundo as previsións de Meteogalicia, continuarán o tempo seco, o sol e as xeadas nas vindeiras xornadas
As baixas temperaturas e o xeo continúan. Esas son as previsións que se manexan dende Meteogalicia que fala de tempo seco, sol e máis xeadas de cara aos vindeiros días deste mes de xaneiro.
Estas condicións fan que nos lugares onde non dá o sol haxa sobre xeada, é dicir, o xeo non derrete ao longo día. Este é o caso da zona de Viloira (O Barco), onde boa parte da montaña e tamén dos tellados dos edificios da vila, e mesmo a beira do río Sil, permanecen brancos ao longo do día polo xeo. Así pode comprobarse nestas imaxes tomadas nesta tarde de 6 de xaneiro.
Fotos: O Sil.