Ten o ciclo máis longo do Entroido e ademais este ano estreábase como Festa de Interese Turístico Internacional. Xinzo de Limia vibra dende hai semanas con esta celebración ancestral que agora entre no seu punto álxido. Neste domingo de Entroido as Pantallas tomaban a rúa, acompañadas polo ritmo das charangas que poñían a banda sonora da festa. Tampouco faltaban os disfraces nin as representacións paródicas.
Fotos: Carlos G. Hervella