Ás 12h. desta mañá iniciábase un incendio forestal no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, que quedaba controlado ás 17:25h. desta tarde. Afecta a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 2 son de arborado e 23 de monte raso, segundo as primeiras estimacións feitas públicas dende a Consellería do Medio Rural. Na súa extinción traballan 2 axentes, 10 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.
Lobeira
Ademais está controlado desde as 13:07 h. deste mediodía o incendio rexistrado no municipio de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar onte ás 23:49 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional é de 25 hectáreas de monte raso no parque natural do Xurés. “Lembramos que esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada”, segundo a consellería. No lugar traballan 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.