Este centro barquense celebraba esta data cun festival nos Xardíns da Casa Grande no que participaban alumnado e profesorado
Con música, bailes tradicionais, exposicións e lecturas en galego homenaxeaba o CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) a Antonio Fraguas, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas. Este centro celebraba na mañá do 14 de maio un festival nos Xardíns da Casa Grande no que se lembraba a figura deste etnógrafo pontevedrés.
Nesta actividade incluíanse lecturas e actuacións de música e bailes galegos, entre eles as muiñeiras de Lugo e do Molete.
Fotos: CEIP Otero Pedrayo de Viloira.