O punto de partida e a meta situábase na praia fluvial do Malecón e os participantes podían escoller entre un percorrido curto e outro longo
Ás 9:35h. deste domingo 16 de xuño dábase a saída dende a praia Fluvial do Malecón barquense da VI Andaina Solidaria da Cruz Vermella. Unhas 150 persoas (cunha gran representacións dos clubs Peña Trevinca do Barco e Huellas de Cabrera do Puente de Domingo Flórez) participaban nesta proba, na que podía escollerse entre dous percorridos: un curto de baixa dificultade e ouro longo de dificultade media.
Ao longo do traxecto os camiñantes contaban con puntos de avituallamento. O traxecto finalizaba no mesmo punto de partida, onde tamén se establecía un avituallamento con froita e bebidas.
Fotos cedidas.