Terá lugar esta tarde no Auditorio Julio Vázquez ás 19:30h.
Coincidindo co remate do ano escolar a Escola Municipal de Música do Concello da Pobra de Trives celebrará nesta tarde de venres 21 de xuño cun festival. Os seus alumnos de piano e guitarra ofrecerán un concerto no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives ás 19:30h.