Ás 14:15h. deste luns 24 de xuño o 112 Galicia recibía un aviso por un incendio nunha vivenda do Barco. Tratábase dunha campá que ardía nun sexto piso do edificio situado no número 74 da céntrica avenida Conde Fenosa da vila.
Ata o lugar trasladábanse de inmediato a Policía Local, o GES Valdeorras e os bombeiros do parque de Valdeorras. Segundo as primeiras informacións, non hai que lamentar danos persoais.




