A 9ª edición da concentración inclúe un paseo turístico polos balnearios e os lugares de maior interese turístico da zona
Un ano máis e xa van nove, o colorido e o son de Vespas Lambrettas e motos clásicas encherá as rúas de Verín. Será o 7 de xullo, no marco da concentración organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello.
Tal como vanzan dende o ente municipal, no transcurso desta edición realizarase un paseo turístico polos balnearios e os lugares de maior interese turístico da zona, con saída desde a praza García Barbón ás 11 horas.
Os participantes terán dereito a pincho e consumición nas paradas programadas no itinerario do paseo. Ademais, ás 14 horas os participantes desfrutarán dun xantar conxunto nun restaurante da vila, con sorteo de agasallos e entrega de premios aos asistentes.
O prezo da inscrición é de 20 euros.