CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música de Sober celebra o seu 150 aniversario

Esta conmemoración trae consigo a organización de distintos actos coa colaboración do Concello

A Banda de Música de Sober commemora o seu 150 aniversario cunha serie de actos organizados coa colaboración do Concello. O primeiro deles celebrarase o vindeiro sábado 13 de xullo, cun concerto onde a formación musical estará acompañada polo grupo local `Os Parentes´. Esta actuación comezará as 22:00h. na Praza do Concello.

 

O alcalde de Sober coa banda

 

Así, para o sábado 3 de agosto, está programada unha gran actuación na que participarán todos os directores, músicos e músicas que formaron parte da agrupación musical nalgún momento da súa historia. Ademais do concerto, tamén se celebrará un xantar de confraternización.

Dende a agrupación aseguran que estes actos axudarán a proseguir coa gran tradición musical do concello lugués e agradecen a colaboración de todas as persoas que farán posible esta celebración. Ademais, o alcalde, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas á participación nestes actos.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button