Á beira do río Sil, no Malecón do Barco, convertíase en escenario das diversas actividades do SilFest Valdeorras na súa segunda xornada, a do xoves 5 de xullo. A única proposta que se desenvolvía fóra dese marco era a “Poesía No Camiño”, unha ruta que finalizaba no Malecón.
Por unha banda, estaban as actividades do MiniSilf con propostas diferentes pola tarde como un rocódromo e circuíto de aventura, inchables e mesmo maxia, da man do Mago Teto, de Viana do Bolo, a partires das sete e media.
Ao mesmo tempo, podían visitarse os diferentes postos de artesanía e gastronomía instalados no interior do recinto do festival, ademais de participar en iniciativas como un curso maridaxe de queixos e viños da Denominación de Orixe Valdeorras, dirixido pola sumiller Mercedes González.
Deseguido, comezaba a soar a música do grupo Vuelta y Media, seguido de Azor 91, que daban paso a unha serie de actuacións que se prolongarán ata ben entrada a madrugada. O prato forte será Second.
Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis información e fotos:
https://osil.info/entre-versos-dende-san-roque-ao-malecon-barquense-polo-camino-de-inverno/
https://osil.info/a-poesia-no-camino-do-barco-en-imaxes/