CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Entre versos, dende San Roque ao Malecón barquense, polo Camiño de Inverno

A segunda xornada do SilFest Valdeorras comezaba na tarde do venres cun singular percorrido poético

“Poesía No Camiño Xacobeo 21” era o título da singular proposta coa que se iniciaba a segunda xornada do SilFest Valdeorras, que se desenvolve do 4 ao 6 de xullo no Barco.

Tratábase dunha ruta poética que saía dende a rúa San Roque (no cruce no Manuel Quiroga) e a partir de aí enfiaba polo casco antigo da vila, seguindo o traxecto do Camiño de Inverno, ata chegar ao exterior do Teatro Lauro Olmo, xa no Malecón.

O percorrido íase interrumpindo cunha serie de paradas nas que os participantes lían diversos poemas, tanto en galego como en castelán, e de diferentes autores. Á fronte do grupo ía a poetisa valdeorresa Fátima Delgado.

Entre os participantes había persoas de todas as idades e tanto de Valdeorras como doutras comarcas próximas como Terras de Trives e Quiroga.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-poesia-no-camino-do-barco-en-imaxes/
https://osil.info/a-segunda-xornada-do-silfest-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button