EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os apicultores valdeorreses fórmanse na produción de pole e própole

Teórica pero tamén práctica. Así era a formación que se impartía ao longo da tarde do 6 de xullo no Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín. A Asociación Valdeorresa de Apicultores, que preside Armando Rodríguez, organizaba un curso sobre pole e própole ao que asistían unha vintena de socios desta entidade.

Nunha primeira sesión abordábanse cuestións como a recolección de pole, as características deste produto e a súa composición, a flora de interese para a súa produción, a preparación das colonias, os cazapoles e a súa instalación, e o secado do pole. Despois afondábase no própole, no interese comercial, na instalación de reixas de própole e na extracción deste produto. Ademais facíase unha simulación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button