Terá lugar o vindeiro mércores 7 no Festival Internacional de Xardíns ás 11:30 horas
O Festival RiR, un festival internacional de curtas de comedia, presentarase o vindeiro mércores 7 de agosto no Festival Internacional de Xardíns. Así, esta edición 2019 do festival de curtas celebrarase do 4 ao 8 de setembro na vila de Allariz.
Algunhas das bases para participar son que as curtas non poderán sobrepasar os quince minutos, deberon ser producidas antes do 1 de xaneiro. Así, poderán presentarse diferentes curtometraxes (ficción, animación ou documental), sempre e cando o xénero sexa comedia.