Tivo lugar onte, venres 2 de agosto, acompañada dunha paellada popular
Manzaneda abriu onte, venres 2 de xullo, as súas festas na honra á Virxe das Neves, cunha paellada popular e a festa ibicenca, ás que acudían unhas trescentas persoas. A cea, cuxa entrada tiña un custe de 15 euros para os adultos e de 10 euros para os menores de doce anos, comezaba sobre as 22:00 horas.
Así, estivo animada pola actuación de Os Pumbariños, un grupo local de baile tradicional, que contou cunha actuación de nenos e adultos. Durante o descurso da cea, efectuábanse varios sorteos; e a continuación, comezaba a xa tradicional festa ibicenca, amenizada polo DJ Tariro.
Texto: Alba Prada
Fotos: Carlos G. Hervella
3 de Agosto de 2019