Moi animado estivo o Torneo de Tenis Festas da Rúa que se disputou nas canchas do Aguillón entre o 28 de xullo e o 4 de agosto, organizado polo Concello en colaboración co C.T. Rúa.
Un torneo que chegaba este ano á XXII edición para as diferentes categorías. A absoluta, cuxa final se disputaba na tarde do 4 de agosto, enfrontaba a dous rueses: Carlos García e Julio López, proclamándose vencedor o primeiro por 7-6/6-0. En cadete, Miguel Blanco proclamábase campión tras vencer na final a Manuel Jacobo por 6-2/6-2, vencendo tamén en infantil despois de superar a Álvaro Buitrón por 6-2/6-1. En benxamín mixto, Suso Fernández vencía na final a Iris Acevedo por 9-7; e en veteranos +35 Julio López vencía a Enrique Naveira por 6-2/6-4.
A entrega de premios tiña lugar trala final absoluta, da man do alcalde da Rúa Álvaro Fernández.
Fotos: Mónica G. Bellver e C.T. Rúa.