A ruta de San Lorenzo será mañá, 14 de agosto, con saída na praza o Concello ás 22h.
Un mes despois da VIII Ruta Jabalíes-Memorial Rosiña que reunía na Rúa a preto de 300 persoas (entre ciclistas e andarines), o club de BBT ultima a súa tradicional quedada nocturna.
Mañá, mércores 14 de agosto, ás 22h. saíra da praza do Concello da Rúa a Ruta Solidaria Nocturna de San Lorenzo, coa posibilidade de doar alimentos para Cáritas. É obrigatorio o uso de luces e casco.
A marcha está organizada polo Club Jabalíes Valdeorras en colaboración co Concello da Rúa e haberá cea posterior (previa reserva) nas Piscinas.