O Cuartel de Santa Mariña, en Ourense, acollía na mañá do 20 de maio os actos de celebración do 171º aniversario da Garda Civil. Entre as autoridades presentes estaba o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen, no seu discurso lembraba “o traballo incesante e dedicado dos homes e mulleres que formaron parte da Gardia Civil dende a súa fundación” e destacaba que “hoxe, coma sempre, a sociedade española en xeral, e a ourensá en particular, segue téndoos por referente, no voso comportamento e no voso espírito de servizo”.
Artigos relacionados
Un concerto, conferencias e unha exposición, no 400 aniversario do inicio da construción do Santuario das Ermidas
2 de Maio de 2024
O Barco conmemora o Día Internacional da Muller con cine, manifestos, poesía e música
8 de Marzo de 2024