Un días despois de coñecer a convocatoria de Susana Alonso por parte da Selección Galega para o campionato de España de cross country maratón (XCM), outro membro do Tres Lunas D.O. Valdeorras participaba no campionato do mundo máster de downhill (DH) celebrado en Canadá.
Unha proba internacional de descenso en bicicleta de montaña (MSA 2019), na que o corredor do club valdeorrés se medía con ciclistas franceses, americanos, canadienses e mesmo chinos, colándose entre os 15 primeiros da súa categoría (master masculino 35-39), cun tempo de 6:03.716.