Tal e como veñen facendo cada luns dende o mes de febreiro, veciños e persoal sanitario volvían concentrarse durante cinco minutos ás 12h. deste 9 de setembro no exterior do Centro de Saúde da Rúa.
Con este acto reivindicativo seguen insistindo na petición dunha atención “primaria digna” e dun novo centro de saúde para este municipio.
Foto cedida.