A Banda de Música do Barco acompañará coas súas melodías a celebración do día grande das Festas do Cristo nesta vila, o 14 de setembro, unha xornada moi especial para veciños e visitantes. Esta formación tocará durante a procesión coa imaxe de Xesús Nazareno, que sairá ás 12h. dende a igrexa de San Mauro e despois voltará ao casco antigo para finalizar na Praza Maior.
Xusto despois da misa, e sen saír do casco antigo, a Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos, dará o seu xa tradicional concerto do Cristo. Será ás 13:30h. na Praza do Sagrado. Nel interpretará unha selección de pezas que irán dende os pasodobres ata as bandas sonoras de coñecidas películas.