Numerosas persoas concentrábanse ás 12h. na praza do Concello do Barco en repulsa contra a violencia de xénero e, máis en concreto, contra o triple asasinato machista de Valga. Gardaban un minuto de silencio que finalizaba cun aplauso.
Despois, o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso, sinalaba que este acto vén a amosar o rexeitamento desta clase de violencia. “Esta lacra continúa, hai que seguir loitando contra ela a través da educación”. E indicaba que continuarán facéndose concentracións cada vez que se produza outra morte deste tipo, “así que esperemos que non teñamos que volver a reunirnos aquí”.
Para mañá mércores 18 de setembro está prevista unha concentración por este mesmo motivo diante do Concello do Barco.
Fotos: A.R.