Cativos de diferentes idades participaron nesta actividade organizada pola Concellería de Deportes
Máis que unha competición, foi unha festa infantil. Cativos de diferentes idades, participaban na sexta edición do Circuíto de Ciclismo O Salgueiral, unha actividade organizada pola Concellería de Deportes do Barco de Valdeorras na área recreativa.
Sobre un circuíto circular, en función das categorías (dende os máis pequenos nados en 2010 ata cadetes), os participantes equipados con casco e protectores íanse subindo ás bicicletas para completar o percorrido.
A proba remataba con merenda e agasallos para tódolos participantes.
Fotos: Carlos G. Hervella.