Dende as 12 deste sábado 5 de setembro, Vilamartín acolle a I Festa da Vendima de Valdeorras, cun completo programa que se desenvolverá no entorno do Bañadoiro (dentro e fóra do pavillón de deportes).
Nesta galería de imaxes podemos ver os preparativos dalgunha das actividades, case descoñecidas polos máis novos, que se levarán a cabo como a pisa de uvas, a enxerta tradicional ou o transporte tradicional de uvas en carros de bois. O encargado desta última é Mario Nogueira e os seus bois. Ademaia, na zona instaláronse postos de artesanía, gastronomía e lembranzas, ao ritmo da charanga Louband.
O pregón, a cargo do historiador valdeorrés Antonio Castro Voces, está previsto para as 14h. e de seguido terá lugar o xantar popular. no interior do pavillón.
Fotos: Carlos G. Hervella.