A partires das once desta mañá de 17 de outubro impartíase o obradoiro formativo “Monin Day” na Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias, en Rosende (Sober). A exposición do mesmo corría a cargo de Carlos Valera, Brand Ambassador de OTC Group en Galicia.
No seu decurso o alumnado aprendía tendencias e técnicas do mundo da coctelería, ademais de asistir a unha introdución práctica no mundo do café, aromatizados, lácteos e smothies, ademais de participar nun percorrido polo mundo da coctelería clásica.
“Este obradoiro será una formación previa a la celebración de la tercera edición del campionato de coctelería Inter-escuelas, donde se dan cita todas las grandes promesas del mundo de la mixoloxía”, segundo a Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias.
Fotos: Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias.