Dende as oito da tarde do sábado 9 de novembro poñíase en marcha a “Noite de Samaín” en Chandrexa de Queixa. Ademais de castañas asadas tamén se servía panceta, chourizo e, como sobremesa, chocolate e bica. Preto de 300 persoas sumábanse esta celebración que a partir das dez estaba animada pola música do grupo Pekados. Ademais o programa incluía un monólogo do actor Pepo Suevos.
Esta celebración de outono estaba organizada polo Concello de Chandrexa de Queixa coa subvención da Deputación de Ourense.
Fotos cedidas.