A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia continúan coa cuarta edición do Ciclo Clube Estrella Galicia, cunha programación que chega este sábado ao Café Teatro Bajo 5 do Barco de Valdeorras cun dobre concerto: Andrea & The Black Cats + Airline.
Andrea and the Black Cats é unha banda de blues creada en 2013 en Santiago por Ramón Figeuira (harmónicas), Andrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). En 2015, ganan a VI edición do Concurso de Blues da Societat de Blues de Barcelona, coa posterior grabación do seu primeiro disco de estudo, New Roads, no que incorporan a percusión. Neste 20109 dan un paso máis engadindo a tuba como quinto elemento, ademais de empezar a compoñer os seus propios temas como Don’t wait for me, un avance do seu próximo disco.
O cuarteto Airline formouse no Barco de Valdeorras en 2014 coas influencias musicais do máis exquisito pop rock internacional, dende os eternos clásicos como The Beatles, The Small Faces o The Who ata referencias máis contemporáneas como Franz Ferdinand. A personalidade musical do grupo, formado por Pepe Prada (guitarra), Bruno García “Ministro” (guitarra e voz), Juan Carlos Fernandez “Choupi” (baixo) e Jose Miguel García (batería), está marcada por poderosos estribillos e melodías acompañadas por enérxicas guitarras que se funden cunha contundente base rítmica. Inmersos na xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico, Eterno, teñen actuado en salas e festivais como SilFest.
Ámbalas dúas formacións actuarán o 23 de novembro no Barco de Valdeorras a partir das 21:30 horas.