A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá mércores 18 de decembro as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora, desde as 9:00 horas ata as 21.00 horas, segundo se informa dende a Consellería de Educación.
Entre esas zonas, segundo a previsión de MeteoGalicia, figuran a montaña da provincia de Ourense, o oeste da provincia da Coruña e a Mariña luguesa.
En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.
A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf).