Despois dunha tarde-noite con fortes ventos que azoutaron a comarca, foron moitos os desprendementos ocasionados pola borrasca Fabien. De pedras, árbores e tamén chapas en varios edificios do Barco de Valdeorras.
Unhas xa no chan e outras en perigo de caer que os bombeiros se encargaban de retirar na mañá deste domingo 22 de decembro. Tal como explican dende a Policía Local, encargada de regular o tráfico, o vento impedía que onte puderan subir a escaleira polo que tiveron que esperar ata que amainara para facelo. Comezaron pola zona do Malecón e continuaron por outras rúas como Eulogio Fernández á que corresponden as imaxes da galería.
Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver