Dende o clásico cocido ou o tradicionais lacón con grelos e codillo ao forno, ata sofisticados e suxerentes pratos como alcachofas frescas con langostinos en xugo de xamón ibérico e azafrán; meloso de porco celta, crema de grelos e pataca con allo torrado; ou revolto de grelos con polbo e langostinos. Son algúns dos platos que poderán degustarse entre o 20 e o 25 de febreiro no Barco de Valdeorras, nas Xornadas Gastronómicas do Entroido, organizadas por Aeva, o Centro Comercial Aberto e o Concello, que este ano chegan á XXI edición, con nove restaurantes: Cafetería Restaurante Fernando III, Pazo do Castro, Casa Lameiro, Casa Galaica, Pensión La Gran Tortuga, Casa Ignacio, Piquiño Restaurante, Restaurante San Mauro e Il Piacere.
Este ano como novidade, os clientes das xornadas poderán ganar algunha das seguintes experiencias nas IX Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras: “Viñoteando entre covas”, unha visita guiada para unha parella, a seis adegas-cova con degustación de vinos, a desfrutar o sábado 30 de maio; “Un paseo en catamarán”, viaxe polo encoro de San Martiño na Rúa que finaliza cun concerto e degustación de viños de Valdeorras no Aguillón, tamén o sábado 30 de maio.
Para participar no sorteo, os comensais deberán cubrir cos seus datos as rifas de participación que lles entreguen os hostaleiros.