Tras unha racha de partidos nos que non lograba boas sensacións, o Pizarras Los Tres Cuñados FS protagonizaba un “partidazo” na tarde do 15 de febreiro no pavillón de Calabaguerios, logrando tres puntos de ouro ante o Albense FS.
Moita actitude por parte dos locais, levou aos de Xocas Miranda a levarse o encontro. Tras unha primeira metade moi igualada chegando ao descanso co empate 2-2 (goles de Bencho e Iván) na segunda parte os locais eran superiores ao cadro salmantino adiantándose no luminoso ata o 4-2 (Bruno e de novo Bencho) a falta de 6 minutos para o final.
Quedaba aínda moito partido, con penalti incluído que metía aos visitantes no partido, así que tocaba sufrir pero Iván marcaba un golazo desde o medio do campo que sentenciaba o encontro co 5-3 definitivo dando aire aos valdeorreses de cara ás nove finais que lles quedan.
Fotos: Carlos G. Hervella