Entre os 41 clubs e 449 padexeiros que competían na pasada fin de semana no campionato galego de inverno, que se desenvolvía no encoro de Castrelo de Miño estaba o Fluvial Barco. O club valdeorrés saldaba a súa participación cun podio que viña da man de Fernando García Viso, que quedaba terceiro na categoría de Veterano 50/54 anos.
Na actuación valdeorresa sobresaía tamén o sexto posto senior de Miguel Fernández e o quinto de Pablo Franco en Veterano 40/44 anos.
Ademais neste campionato autonómico tamén participaban outros tres clubs ourensáns: o Fluvial Avión-Castrelo de Miño, a Escuela Orensana Municipal de Piragüismo e o Fluvial Allariz. Os seus padexeiros lograban outros tres podios: Fernando Carbajal era segundo en Veterano 60/64 anos e Luis Delfín Carvajal terceiro en 55/59 anos (ambos da E. Orensana de Piragüismo), mentres que Mónica Piñeiro (Fluvial Avión) quedaba segunda en 45/49 anos.