Por sorte non todo son malas novas dende o departamento de Comunicación do Sergas en Ourense. Na tarde do 27 de marzo, compartían nas redes sociais un vídeo no que Armando Gonzélez, médico especialista do Servizo de Neumoloxía, e un dos primeiros pacientes ingresados, para ser atendidos desta nova patoloxía en Ourense, enviaba unha mensaxe de ánimo dende casa, unha vez superada a súa enfermidade.
“A súa recuperación é unha mensaxe de esperanza nestes tempos de preocupación e de alegría para todos os seus compañeiros e compañeiras sanitarios que loitan polo resto de pacientes”, aseguran dende o Sergas animando a seguir na casa para parar o virus “xuntos”.
O vídeo porde verse no seguinte enlace: https://www.facebook.com/ComSergasOU/