Unha canción de Rozalen, Vivir, servíu de base para un fermoso vídeo cargado de mensaxes positivas e de ánimo que 150 profesores de diferentes colexios de toda España elaboraron en homenaxe aos nenos, nesta difícil e insólita situación de estado de alarma decretado para loitar contra o coronavirus.
Dende O Barco de Valdeorras Marta Mourelo Vara e o seu can Thor colaboran neste “agasallo dende o corazón”, creado con amor e alegría para que chegue a todo os nenos, desde os máis pequenos ata os grandes. Cativos que “estes días o están facendo fenomenal, demostrándonos que se adaptan de forma camaleónica a calquera situación”, aseguran os promotores da iniciatica, lanzando unha mensaxe de ánimo: ¡¡Volveremos xuntos a ver o arco da vella brilar!!.