Axudar coa compra a quen o precise, controlar que se cumpra o estado de alarma e incluso colaborar nos labores de desinfección das rúas, son só algúns dos traballos que están levando a cabo estes días os voluntarios de Protección Civil. Pero non todo son tarefas rutinarias.
De feito, en medio desta complicada situación na que vive a sociedade dende hai xa 25 días, a xente segue cumprindo e celebrando os aniversarios, pero dun xeito diferente. E aí entran de novo os voluntarios de Protección Civil, concretamente os da Rúa que levan un tempo felicitando aos veciños que están nas súas casas.
Coa música de Parchís a todo volume os vehículos paran diante do protagonista. O vídeo corresonde a unha veciña da rúa San Antón, que dende a fiestra, recibía con sorpresa este bonito detalle na tarde deste 7 de abril.