En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 18 ingresos por coronavirus

A provincia de Ourense ten 1.154 casos activos, dos que 174 están hospitalizados. As altas son, ata o momento, 166

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A  Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 1.154 casos activos de COVID-19, dos que 957 permanecen a seguemento a domicilio, 174 están ingresados en planta nun hospital da provincia e 23 en UCI, segundo a última actualización feita pública pola Consellería de Sanidade, que non facilita datos de positivos por concello.

A maior parte dos ingresos están no Hospital Universitario de Ourense con 149 en planta  e 22 en UCI. A continuación sitúase o Hospital de Valdeorras, no Barco, con 18 ingresados en planta. No caso do Hospital de Verín son 6 os ingresos en planta. O CO.SA.GA tamén ten un ingreso en planta e outro na UCI. “Os 23 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.396, con 166 altas e 76 falecementos (entre residencias e hospitais).

No referente á comunidade galega son 5.833 os casos activos de coronavirus, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol. Deste xeito, a área sanitaria ourensá convértese na segunda con máis positivos, tras a da Coruña.
Do total de pacientes positivos en Galicia, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 5.011 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos, cifras que engadidas aos casos activos neste momento suman un total de 7.336 casos.

O número de probas PCR realizadas é de 43.992.

449 positivos nas residencias da terceira idade da provincia, entre usuarios e traballadores

Nas residencias da provincia rexístranse 324 positivos (34 máis que onte) entre os usuarios e 125 casos (8 máis que onte) entre os seus traballadores. No caso dos usuarios, o número de casos por residencia é o seguinte: 61 en Ntra. Sra. de Fátima (Barco de Valdeorras),  16 en Res. Castro Caldelas,  39 en San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Quercus (Leiro), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira33 na Res. S. José Hermanitas, 101 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 34 en Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Res. Ramirás (Ramirás).

No que se refire aos positivos de traballadores a situación é a seguinte: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 8 na Res. Castro Caldelas, 18 en San Carlos (Celanova), 11 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 35 en Ntra. Sra .de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); na 19 Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense); 5 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.

Artigos relacionados

Back to top button