Con motivo da celebración das Letras Galegas o 17 de maio, o Concello de Viana do Bolo proponlle aos máis pequenos unha actividade “moi orixinal e divertida”. Trátase do concurso “Relatos dende o confinamento” dirixido a escolares nados entre o 2006 e o 2016.
Os nenos poderán presentar un relato “inédito e orixinal” de temática libre e en formato escrito ou vídeo. En ambos casos os deberán estar escritos e editados en galego.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de maio.
As bases íntegras do concurso e os premios poden consultarse aquí: