Entre os establecementos de hostalaría valdeorreses que nesta semana recuperaban a actividade coa súa terraza está a Granxa Escola A Capilla de Lentellais (O Bolo). Reabría o 11 de maio, apostando por manter todas as garantías de seguridade, e dende entón pode volver a desfrutarse da súa ampla e aberta terraza na que as distancias entre mesas son tamén notables.