Unha xornada máis os datos repítense no Hospital de Valdeorras. Seguen sendo cinco as persoas con coronavirus ingresadas no centro barquense, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.
No caso do Hospital de Verín rexístrase 1 ingreso, mentres que no Hospital Universitario de Ourense baixan as cifras: hai 9 pacientes ingresados en planta (5 menos que onte) e 1 en UCI (este último de prognóstico grave).
Dos 141 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras:
125 permanecen a seguemento a domicilio, 15 están ingresados en planta, e 1 en UCI, segundo a Consellería de Sanidade.
O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.982, con 1.712 curados e 129 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 19.200 probas PCR.