Dende esta mañá está cortada á circulación o camiño a Viloval (O Barco), paralelo á avenida do Bierzo, tal e como indica a sinalización instalada na zona.
O motivo do pecha ao tráfico desta pista débese ás obras para construír o novo acceso á estrada N-120, que implicarán a presenza de maquinaria pesada. Esta acostuma ser unha zona de paseo para moitas persoas, polo que se recomenda buscar outros lugares para camiñar durante o tempo que dure a intervención.
Fotos: Carlos G. Hervella.