O play off de ascenso a Segunda División B está a volta da esquina e o CD Barco está a vestir coas súas cores as rúas da vila. Así, fai poucos días o club puxo á venda 200 bandeiras e segundo apunta o seu presidente, Nilo Ramos, “xa están agotadas, pero xa fixemos outro pedido que chegará a finais desta semana”.
O prezo por bandeira é de 10 euros, pero dende o club tamén fixeron un kit, que inclúe unha bufanda conmemorativa de distintos momentos clave do equipo, cun prezo de 15 euros. Os puntos de venda onde se poden adquirir son Peluquería Nilo, Librería Dados, Churrería La General, Bar Luchy, Bar La Plazita, Bar Makoki, Frutería A Horta de Fina e Mar, e Gasolineira Vegamolinos. Se aínda non a tes, estás a tempo de sumarte á marea vermella.
Fotos: Carlos G. Hervella.