A RúaConcellosÚltima hora

Canceladas as Festas de San Roque (A Rúa)

A Asociación Cultural Sabugueiro decidiu, por unanimidade, suspender as festas inicialmente previstas do 20 ao 24 de agosto

Unha orquesta en plena actuación na Festa de San Roque.

 

O Barrio de San Roque, na Rúa Vella, quedará sen festas este verán. A Asociación Cultural Sabugueiro anunciou, mediante un comunicado publicado na conta de facebook da Comisión de Festas, que non se celebrarán “os eventos lúdico-festivos programados entre o 20 e o 24 de agosto” debido á situación de crise sanitaria. Esta decisión foi tomada por unanimidade.

 

Imaxe tomada na Volta Ecolóxica.

 

A asociación lamenta a decisión de cancelar unhas festas que son “cada ano máis multitudinarias e con eventos únicos; como o da Volta Ecolóxica, que este ano cumpría o seu 40 aniversario”, pero entenden que o prioritario é “a saúde dos nosos veciños e veciñas”. Tamén quedan suspendidos outras actividades que se recuperaran o ano pasado como o cine ao aire libre ou o “Zumba Street” para evitar calquera tipo de risco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button