Segundo a última actualización de casos feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 196, deles 52 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 32 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.
Deste xeito a área sanitaria ourensá é a menos casos activos rexistra na comunidade, só despois de Ferrol, libre de virus.
Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 10 en unidades de hospitalización e 185 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.211 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 241.712.