Nesta mañá de 3 de agosto procedíase á retirada dun niño de Vespa velutina, neste caso xa secundario, na rúa Obriga do concello da Rúa. Estaba situado case a ras de chan, entre unhas silveiras.
A eliminación do niño corría a cargo de Seaga, en colaboración cos voluntarios da agrupación de Protección Civil da Rúa.
Fotos cedidas.