A obra do escultor ourensán poderá verse no marco da XV edición de Termatalia
Co gallo da 15ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia, que se celebrará do 24 ao 26 de setembro, o escultor Toño Monteiro convida á presentación da súa nova obra “A pinga do Ouro Azul” creada para concienciar sobre a importancia da auga.
A auga é fundamental para a vida. Malia tratarde dun ben que forma parte da vida cotiá que non valoramos na súa medida, é o auténtico “ouro azul”. Con esta idea na mente e co obxectivo de contribuír a concienciar á xente sobre a súa relevancia, o artista Toño Monteiro creaba esta obra que poderá verse no pazo de exposicións Expourense.