O fútbol gaélico chegou no día de onte, 5 de agosto, aos máis pequenos, xa que varios xogadores do Auriense Fútbol Gaélico acudiron a dar unha clase inicial ao campamento de verán organizado pola asociación ourensá Amencer.
Esta iniciativa levouse a cabo dentro das actividades da semana do deporte organizada por devandito colectivo xuvenil. Os xogadores amosaron como coller o balón do chan, realizar un golpe de biqueira, ou como pasala ca man correctamente. Así, levaron camisetas tanto de Afiadoras F.G. coma de Auriense Campus da Auga F.G.
Fotos cedidas.