Esta edición do Torneo de Bolos Celtas de Punxeiro (Viana do Bolo), que se celebrará o vindeiro sábado, 8 de agosto, estará restrinxida só a xente do pobo, por mor da situación sanitaria actual. Dende a organización lamentan “limitar a participación desta forma pero cremos que é a mellor forma de previr e mantar as medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias”.
“Quedaremos para xogar a xente do pobo e faranse parellas para organizar unhas partidas” explican dende a organización. Ademais, este ano non haberá xantar nin cea na casa do pobo, como viña a acontecer nos anos anteriores.
Nas pasadas edicións había unha media de trinta e dúas parellas apuntadas de diferentes puntos da xeografía galega e de lugares de fóra da comunidade como Asturias. Sen embargo, a actividade organizada polo Club de Bolos Punxeiro, terá que agardar ata o ano que vén para recibir a participantes foráneos.