A celebración terá lugar o 26 de decembro na localidade valdeorresa
O día despois de Nadal, o sábado 26 de decembro, a localidade de Oulego (Rubiá) regresará á Idade Media para acoller unha celebración en torno a unha voda medieval que terá un aforo limitado a 150 persoas.
Á parte do enlace, dende a organización estase preparando un programa con diferentes actividades tradicionais da época para o cal contarán cun grupo de actores de Gijón.
Do mesmo xeito estase promovendo a creación dunha asociación que levará por nome “Comando Castaña”.