ConcellosÚltima horaViana do Bolo

A maioría de alcaldes pedáneos das aldeas de Viana pide parar a moción de censura

Un escrito asinado por 36 pedáneos presentábase esta mañá no rexistro de entrada do Concello

O actual alcalde de Viana do Nolo, Secundino Fernández, no centro da imaxe; cos pedáneos que asinan o escrito contra a moción de censura./ Foto cedida.

 

Ata 36 alcaldes pedáneos dos núcleos rurais de Viana do Bolo, a meirando parte dos existentes, asinaban un documento que vén de presentarse na mañá deste 27 de agosto no rexistro do Concello. Nel rexeitan a moción de censura contra o actual alcalde, o nacionalista Secundino Fernández.

No escrito presentado aseguran que a moción “é unha fraude ao votado polas veciñas e veciños do noso núcleo; non representa o sentir xeral da veciñanza e non compartimos esta forma de facer política. Non entendemos nin compartimos que persoas que se presentan cunhas siglas políticas se pasen a non adscritos e monten unha moción de censura ao actual alcalde Secundino Fernández Fernández”. E, neste senso, esixen que “se pare a moción de censura ao actual alcalde Secundino Fernández Fernández, rexeitando expresamente esta forma de proceder”.

Dende a alcaldía, Secundino Fernández agradece este apoio e amosa a súa “admiración por estas persoas que dende posicións políticas non sempre coincidentes dan a cara a pesares das presións para rexeitar esta situación. Estes alcaldes pedáneos que representan a veciñanza das suas parroquias mostran que non queren unha situación de transfugismo e manipulación do resultado electoral”, asegura. Tamén lembra que, “dende que son alcalde, os pedáneos dos núcleos rurais son elixidos polos veciños que propoñen ao alcalde a designación do pedáneo”

Así mesmo, o rexedor vianés apunta que, independentemente da situación que haxa o 2 de setembro, “sempre sempre estarei do lado das veciñas e veciños de Viana do Bolo. Sempre estarei aí igualmente co resto dos concelleiros e persoas do BNG. Nós cremos na xente, nós traballamos para a veciñanza, nós non nos vendemos a escuros intereses”.

 

Artigos relacionados

Back to top button